jueves, 4 de febrero de 2016

NOVA ORDE DO MECO

Como o Meco deu outra orde seguimos acumulando cousas. Hoxe tocaban pelucas brancas ou grises na cabeza.














E para levar para a casa fixemos máis gorros e caretas.
Na clase de 3 anos pintaron con pintura de dedos un gorro e unha paxariña de paiaso de coloríns.







Na clase de 4 anos fixeron unha máscara veneciana coloreando con ceras e engadindo despois complementos: purpurina... e ata plumas.








 E na clase de 5 anos elaboraron unha máscara de tuareg pegando papel de cor azul.












Mañá remata esta semana diferente na que está permitido case todo. Lembrade completar o voso disfrace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario