viernes, 29 de abril de 2016

EXPERIMENTAMOS!!!

Na clase de 5 anos esta semana estiveron a experimentar os cambios de estado da auga: de sólido a líquido e de líquido a gasoso. Os materiais que precisaron foron: auga, xeo, vasos e globos.


Tocaron o xeo. Brrr, que frío está!!!
 




 Aprenderon que o xeo adoita a forma do recipiente que o contén.


...E comprobaron que co paso do tempo o calor o transformaba en líquido...
 

... e que se desaparecía a auga era porque se evaporaba.
 

Despois plasmaron o aprendido nun folio, onde debuxaron e escribiron o que observaran.




Foi unha forma interesante de aprender conceptos que poden resultar complicados.

ANIVERSARIOS DE ABRIL

Este mes en tres anos cumpriron anos Ares, Aisha e Pedro Renato.





 En 4 anos estiveron de aniversario Izan e Mateo.






E na clase de 5 anos cumpriron Mateo, Érika e Fabio.







MOITAS FELICIDADES A TOD@S!!!












 

miércoles, 27 de abril de 2016

FLORES

Hoxe os de tres anos estiveron facendo unha obra de arte. A partir do cadro de Andy Warhol titulado "Flores", experimentaron coa técnica da serigrafía, que consiste en repetir unha mesma imaxe con diferentes cores.






E despois de pintar con ceras e témperas, así nos quedaron as nosas obras de arte:

 


sábado, 23 de abril de 2016

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Hoxe celébrase o Día do Libro, unha data onde se nos lembra a importancia de ler. Este ano ademais conmemórase o 400 aniversario de Cervantes. Como é sábado, no cole decidimos adiantar a celebración e estes días estivemos facendo actividades relacionadas cos libros.
@s de tres anos colorearon dous personaxes dos seus contos favoritos: Carapuchiña Vermella e a Ratiña presumida.




Na clase de 4 anos fixeron un libro de animais: un pato, un gato, un polbo, un peixe, un león e un loro e puxéronlles o nome.




@s de 5 anos fixeron un libro cunha adiviña onde a solución era o propio libro.





Despois de tanto traballo, así quedaron os libros de 3 anos...

...os de 4 anos... 






...e os de 5 anos.



Onte, ademais, foi un día moi especial. Desde o Equipo de Biblioteca, e dado que este curso teñen como lema "Os maiores tamén contan", propúxosenos a celebración desta conmemoración invitando a que os bisavós/as, avós/as e pais/nais que voluntariamente quixeran viñeran ó cole a contarlles un conto ós nen@s. 
Na clase de 3 anos veu o bisavó e as mamás de Daniella, Kevin e Lucía, a avoa de Andrea e as mamás de Ángel e Alejandro Iglesias.

Na clase de 4 anos viñéronnos visitar a bisavoa, a avoa e a mamá de Lucas e a avoa e a mamá de Adrián.

E, por último, na clase de 5 anos estiveron a bisavoa, a avoa e a mamá de Malena e a bisavoa e a avoa de Hugo.


E, tal e como se propuxo, contáronlles contos ós nen@s. En 3 anos contaron "Los siete cabritillos y el lobo", "Los tres cerditos", "Adivina cuánto te quiero" e "La vaca Lulú".





En 4 anos narraron "Caperucita Roja" e despois os nen@s puideron ver e tocar o conto.





E en 5 anos recibiron ás familias cun saúdo de benvida e contaron os contos de "Pulgarciño" e o de "Carapuchiña Vermella". Tamén cantaron unha cantiga e dixeron un trabalinguas.






Ó remataren fixeron entrega dos diplomas que o Equipo de Biblioteca lle concedeu ós nen@s por teren participado no concurso de debuxo do conto "A nai da nai da miña mamá".














Para agradecerlles esta visita entregámoslles como agasallo unha foto cos nen@s da clase.















E, como non, despois de tanto traballo ben mereciamos repoñer forzas cunhas galletas.






 Como remate, levamos todo para a casa.








Desde aquí só nos queda agradecerlles a súa participación ás familias que voluntariamente colaboraron  nesta actividade, pois sen eles non sería posible realizala. Tamén queremos agradecer a aquelas familias que non estiveron presentes porque algún dos seus membros xa non están connosco, pero que aínda así colaboraron enviando fotos de cando as catro xeracións estaban xuntas.