viernes, 26 de febrero de 2016

ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

Como hoxe é o último venres de Febreiro, celebramos os aniversarios dos nen@s que cumpriron anos ó longo do mes. En 3 anos felicitamos a Connor e a Diego:






E en 4 anos estiveron  de aniversario  Alejandro e Iria:




 Mmmm, que bo estaba todo. 
PARABÉNS A TOD@S!!!

jueves, 25 de febrero de 2016

A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ

Desde o Equipo de Biblioteca propúxosenos traballar o conto "A nai da nai da miña mamá", de Hércules de Ediciones, pois este curso están concienciándonos da importancia e o valor que teñen os maiores nas nosas vidas a través do programa "OS MAIORES TAMÉN CONTAN".
Neste conto trátanse con tenrura e agarimo os sentimentos e emocións que viven unha bisavoa e unha bisneta. A profe de Estimulación da Linguaxe, Conchi Vázquez, traballouno nas aulas e así o interpretaron os nen@s:






















A pesares de que algúns nen@s xa non teñen bisavoa, este conto axudoulles a coñecer e comprender un pouco mellor as relacións entre xeneracións familiares.

viernes, 19 de febrero de 2016

ZOOTRÓPOLIS

Este xoves fomos ó cine de Leiro ver a película "Zootrópolis". Nela aparecen valores como a amizade, a búsqueda dos soños e a loita por conseguilos.

































E despois de ver a película, os de 5 anos debuxaron a súa interpretación:










E os de 3 e 4 anos colorearon á protagonista da peli, a simpática coelliña policía Judy Hopps.