lunes, 16 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 Este ano o homenaxeado é FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. 

Eleximos un dos seus poemas e traballamos moitísimo, e tamén o pasamos xenial😍. 

Este foi o resultado dunha semana marabillosa!!!


















VALENTINA 🎥

 O Venres saímos de paseo ahí ao ladiño do cole. Fomos ó Audotorio ver a peli de VALENTINA, unha nena con Síndrome de Down que nos ensinou que todo é posible se nolo propoñemos. O importante é loitar polos nosos soños.



 
Pasámolo xenial!!!





miércoles, 11 de mayo de 2022

BICHOS FORA!

Co motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans , recibimos no cole a visita dunhas enfermeiras e un enfermeiro que nos viñeron falar da importancia que ten lavar ben as mans, por iso  nos ensinaron a lavalas moi ben!



Pasámolo xenial!

Grazas pola visita!

jueves, 5 de mayo de 2022

DIVERCAPACIDADE DO MES DE ABRIL

Durante o mes de abril estivemos a traballar o TEA (Trastorno do Espectro Autista). 

Dende a biblioteca do cole propúxosenos crear un conto, poema, adiviña,… con pictogramas, para así participar na creación dun libro con todos os traballiños feitos por todos os nenos e nenas do cole.

No edificio Campo da Feira así o fixemos…

Este foi o resultado:

3 ANOS




4 ANOS



5 ANOS





lunes, 2 de mayo de 2022

GOZANDO DA PRIMAVERA!

Á volta das vacacións e aproveitando que o 🌞 veu visitarnos, desfrutamos do noso marabilloso patio!

Que ben o pasamos correndo pola herba, enchendo as nosas carretillas, saltando e ata facendo volteretas!






domingo, 1 de mayo de 2022

MOREAS DE BICOS PARA MAMÁ!


Hoxe, 1 de maio celebramos un día súper importante, o día das mamás, por iso queremos agasallalas con moito amor e unha pequena sorpresiña!

MOREAS DE BICOS PARA MAMÁ! 🥰🥰🥰🥰