martes, 29 de septiembre de 2020

UN COMEZO DIFERENTE

 Este ano comezamos o cole dunha forma diferente, pero non por iso deixamos de estar ilusionados por ser os maiores do cole, e estar na clase de maiores.


O primeiro día falamos da situación que estamos a vivir e lemos un conto para entender como demostrarlle aos nosos amigos e amigas o moito que os queremos. 






Despois de levar días practicando unha morea de novas ordes no cole, recibimos unha visita moi especial. O equipo de PUPAS, SUSTOS E OUTROS DISGUSTOS veu a visitarnos . Fixemos unhas actividades moi divertidas coas que aprendemos moitos truquiños para combater o coronavirus: poñer a man para tusir ou esbirrar, saudarnos sen tocarnos, manter a distancia de seguridade.. E sobre todo lavar as mans con auga e xabon e protexernos sempre con mascarilla.




 



Porque entre todos... PODEMOS 💪🏽

Xa estamos todos e todas cargados de superpoderes para afrontar o novo curso.



domingo, 20 de septiembre de 2020

COMEZAMOS O COLE

 Unha nova aventura comezou para estes nenos e nenas!

  




Os seus primeiros días de cole!

Reto superado!!!!




jueves, 10 de septiembre de 2020

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

 Aquí vos deixamos as normas de organizacion e a lista de material para este mes de setembro. 


Ánimo familias!!!