sábado, 30 de enero de 2016

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Este foi o último venres de Xaneiro e tamén celebramos os aniversarios deste mes. 
En 3 anos cumplían Alejandro Iglesias, Aitana, Alejandro da Silva e Ainhoa.




Na clase de 5 cumpriron anos Noa, Anahí e Brais.





QUE MAIORES!!! PARABÉNS A TOD@S!!!

O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz. Para comezar puxemos as mans pintadas con pintura de dedos en globos de cores que nos serviron para decorar a entrada.









Despois fixemos diferentes actividades nas aulas. Na de 3 anos os nen@s decoraron con pintura de dedos de cores unha pomba para facer o colar da PAZ.









Na aula de 4 anos puntearon a pomba da PAZ con rotuladores de cores.





Tamén buscaron nunha poesía as vogais a, u, e e colorearon a mandala da PAZ.








Na clase de 5 anos picaron un colar da PAZ e colorearon outra mandala da PAZ.









Ademais, chegaron ó cole os últimos "zapatos da paz". Despois levámolos ó patio para facer con eles a palabra PAZ, que estaba escrita no chan, tal e como propuxo o Equipo de Convivencia do Centro.













E xa para rematar a celebración deste día tan importante, saímos ó patio para cantar todos a canción "Paz, paz, paz".



Cantas cousas!!! Pero lembrade que aínda que esta semana traballamos máis  directamente este tema, tódolos días son días de PAZ.