lunes, 28 de junio de 2021

GRADUACIÓN!!!

 Os mandilóns laranxas remataron a Etapa de Infantil e están preparadísimos para marchar cara Primaria. 

O pasado 22 de Xuño festexamos a nosa Graduación de forma diferente pero non menos emotiva.

Comezamos a mañá axudando á profe coa decoración.


Logo na clase esperábanos unha gran sorpresa!!!

As nosas familias quixeron estar presentes nun día moi importante, e fixérono a través dun vídeo que a profe se encargou de amosarnos. Emocionámonos un montón!!!


E nós non íbamos ser menos, e quixemos adicarlle unha canción ás nosas familias, compañeiros e profes, para recordarlles a todos e a todas que os queremos un montón.

(Preme na foto para ver o vídeo)


E era a hora da nosa Graduación, entre nervios baixamos a festexala cos compañeiras das outras aulas, sempre tendo en conta as medidas Covid. 

Lemos un pequeno discurso e actuamos cunha canción moi festeira. Que felices estábamos!!!

( Preme nas fotos para ver o discurso e a actuación)



E xa era o momento, a profe otorgounos a nosa banda e gorro de Graduados. Que maiores!!!



Logo tocaba soltar os nervios, e que mellor forma de facelo que bailando. 

Todos e todas soltando enerxía!!!


E non podía faltar!!! Tiñamos que recuperar forzas cunha merendola que as profes prepararon con todo o cariño. Chuches, galletas, gusanitos....e todo individualizado para non contaxiarnos!!!






O día remataba, e só nos faltaba recordar o noso transcurso no cole do Campo da Feira ao longo destes 3 anos, cun video que a profe nos preparou.

(Preme na foto para ver o video)



Moita sorte na vosa nova aventura!!!


Feliz verán!!!



Voltamos en setembro cargadiños de enerxía!!!



FIN DE CURSO DE 3 E 4 ANOS

Durante o mes de xuño os peques de 3 anos estiveron a preparar unha actuación moi especial, o ROCK MOLÓN, e así de guapos se puxeron para a ocasión… 








Para rematar este curso , os nenos de 4 anos fixeron  un mural moi chuli!!! Tamén estaban asi de guapos coas coroas que fixemos para a nosa actuación!!!!



Preme na seguinte imaxe para ver a nosa actuación!!!
 


Aniversarios de Xuño e Xullo

 Na aula de 5 anos celebramos o aniversario de Kai


Na aula de 4 anos estivo de aniversario Martina


E na aula de 3 anos estiveron de celebración: Pablo, Emma e Lúa.



Parabéns a tod@s!!!

Fin do 3°Trismestre

Para rematar o terceiro trimestre fixemos cousas tan bonitas como todas estas 
¿quedaron chulis a que si?

MANDILÓNS VERMELLOS:





 MANDILÓNS VERDES:





 
MANDILÓNS LARANXAS:




ANIVERSARIO DE MAIO

No mes de maio, na clase de 3 anos estivo de celebración Cloe… 


Parabéns!!!


A VIAXE DE NANO

 O 27 de maio, na aula de 3 anos tivemos unha visita moi especial…

Nano veu a contarnos algunhas das súas aventuras…


Pasámolo xenial!!!

17 e 18 de MAIO

 Este ano dedicamoslle o dia das “ Letras Galegas” a Xela Arias e os nenos fixeron traballos moi bonitos!! Tamén celebramos o día da “Familia” facendo uns debuxos moi divertidos!!!










FELICIDADES MAMÁ!!!

 Como cada ano celebramos o día da nai!! Fixemos uns marcapáxinas e unhas postais moi bonitiñas!!!









1 DE MAIO

 O día 1 de Maio celebramos o Día do Traballo, e no cole quixemos traballalo pensando...

  ¿Que queres ser de maior??