jueves, 21 de marzo de 2013

SAÍDA AO CINE A LEIRO

O vindeiro xoves 4 de abril, os nenos e nenas do Campo da Feira iremos ao cine a Leiro a ver a película 
"Los croods".

Os nenos e nenas da Uceira e do Calvo Sotelo irán o mércores 3.

Aquí vos deixamos un enlace para que poidades ver o trailer da película. Pinchade enriba.



DORA NA PIZARRA DIXITAL

Para rematar o trimestre, relaxámonos vendo un vídeo de Dora exploradora.





DÁMOSLLE A BENVIDA Á PRIMAVERA


Conto do espantallo 4 - presentacion imagenes

Co Conto do espantallo traballamos de forma globalizada en 4 anos a primavera: (regresan os paxariños), a creatividade, o esquema corporal, os alimentos, os animais, e sobre todo, os grandes valores: bondade, xenerosidade e solidariedade.

Estes valores tamén os experimentamos cos contos de educación emocional en 5 anos. O último que traballamos foi O trasno do xardín, no cal aprendemos a importancia que ten coidar e respectar a natureza.

ANIVERSARIO DE IKER JOSÉ

AS NOSAS PORTADAS DOS TRABALLOS

PREPARÁNDONOS PARA A PASCUA

lunes, 11 de marzo de 2013

PARA TRABALLAR A ATENCIÓN

Unha das características máis importantes en toda aprendizaxe é a capacidade de controlar a atención, isto pódese levar a cabo de moitas maneiras, pero hoxe querémosvos mostrar un lim para que fagades na casa cos vosos nenos e nenas.
Esperamos que vos guste.