miércoles, 29 de junio de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO

Este curso rematou e, para celebralo, estivemos de festa. Primeiro representamos o conto "O coelliño branco". Coma sempre, os nen@s de 5 anos foron os protagonistas, actuando e levando a cabo a representación, mentres os de 3 e 4 asistían á mesma como figurantes.
Despois de poñer os disfraces nas aulas, baixamos ó patio e ocupamos os postos que nos correspondían na obra.














Antes de comezar, a profe Sonia dirixiu unhas palabras a tódol@s asistentes.



E despois... comezou a representación do conto.









































Fixémolo moi ben!!! Para non estropear os traxes fomos ás aulas a quitalos e volvemos baixar para seguir co festival.



Colocámonos e cantamos e bailamos tres cancións: "Los pajaritos", "Soy una taza" e "El león marino" como despedida.



Despois chegou o momento de entregar orlas e diplomas ós nen@s que se van: @s de 5 anos. 

















Foi un momento de gran emoción, pero, como a festa tiña que seguir, corremos, bailamos ó son da música e disfrutamos degustando uns pinchos cos que os papás e mamás nos agasallaron.
 QUE BEN O PASAMOS!!!  

Só queda rematar dicindo que, coma tódolos anos, hai unha nova xeneración que vai comezar a súa andadura en Primaria.


ÍMOSVOS BOTAR DE MENOS!!!

PASADE UNHAS FELICES VACACIÓNS!!!