viernes, 30 de marzo de 2012

PARA REMATAR O SEGUNDO TRIMESTRE...


Para rematar o segundo trimestre e para acompañar os traballos realizados durante o mesmo fixemos estas portadas.

Os nenos e nenas de 3 anos coa axuda de purpurina, papel de cor dourado e a súa foto convertéronse en verdadeiros soles.

 


Os de 4 anos pintaron de moitas cores uns paiasos moi divertidos...












Logo engadíronlle un pouquiño de plastelina e un gran lazo vermello e...
xa vedes... preciosos!



E os nenos e nenas de 5 anos coa axuda de diferentes tipos de papeis (de agasallo e papel charol), e tamén pintando un pouquiño fixeron unha maceta de flores moi bonita.


Esperamos que vos gustasen moito, e so nos queda, desexarvos que disfrutedes dunhas BOAS VACACIÓNS!

Vémonos o martes 10 de ABRIL.

martes, 27 de marzo de 2012

A GRANXA, OS ALIMENTOS, AS TENDAS,...

Durante as últimas tres semanas os nenos e nenas de 3 anos estiveron a traballar a Unidade Didáctica: 
A granxa... Foi así como coñeceron todos os animais que viven nela.

Pero, ademais, aproveitando a chegada da primavera, e que temos uns días moi calurosos, decidimos facer unha ficha dun sol enorme para adornar a nosa aula.

Comezamos por facer uns raiños con rotuladores de cores...




...e logo, coa axuda do pincel e a témpera laranxa que fixemos mezclando a cor vermella e a amarela,
pintamos máis raíños intercalados cos de rotulador.






Mirade que soleada nos quedou a clase!



Na aula de 4 anos estivemos a traballar a Unidade Didáctica dos alimentos. Así, falamos da importancia de comer de xeito saudable, tamén coñecemos cales son as comidas típicas doutros países, como por exemplo, México, Italia, etc., e como non, tamén nos quedou claro o que debemos facer antes de comer (lavar as mans) e despois de comer (lavar os dentes).

Como nos gustan moito os espaguetes, acordamos facer un prato deles.

Comezamos facendo uns espaguetes moi finiños...




... e logo puxémolos nos pratos, listos para comer e saborealos.


Que boa pinta teñen!


Por iso, decoramos o noso taboleiro cunha das comidas que máis nos gustan.






Os nenos e nenas de 5 anos estiveron a traballar as tendas e os alimentos. Debido á importancia que ten aprender a comer ben, elaboramos unha pirámide dos alimentos.


Trouxemos da casa folletos dos supermercados e comezamos a recortar e pegar...




E este foi o resultado.


Pero o máis importante desta actividade foi que nos quedou claro que alimentos deben estar presentes a diario na nosa alimentación e cales debemos tomar só de vez en cando.


Canto aprendemos!

jueves, 22 de marzo de 2012

SOAN INSTRUMENTOS

Hoxe na clase de música co profe Carnicero pasámolo moi ben todos os nenos e nenas do cole.

Fixemos soar instrumentos...

Os nenos de 5 anos tocaron claves.



Algúns nenos e nenas de 4 anos fixeron soar os xilófonos e o triángulo.



Os nenos e nenas de 3 anos tocaron os platillos e o tambor.






Despois de tocar todos xuntos...relaxámonos uns minutos...

... e para finalizar cantamos unha canción moi animada:

TU... SAMBA DE PIRIPITA,
PIMIENTA, PITONGA,
PITANGA Y PITA.




Tan ben cantamos e nos portamos, que houbo aplausos para todos e todas.