martes, 26 de noviembre de 2019

25 N

Seguindo as premisas do Equipo de Convivencia non quixemos esquecernos do 25N.
25 de Novembro: que pasa este día?, que significa violencia?, ... Foron moitas as preguntas plantexadas e unha única aprendizaxe: 
OS NENOS E AS NENAS SOMOS IGUAIS; OS PAPÁS, OS AVÓS,...E AS MAMÁS, AVOAS,... SON IGUAIS.
NON PODEMOS PELEXAR, EMPURRAR, PEGAR....
SÍ PODEMOS BICAR, ABRAZAR, ...

Así o falamos e así o traballamos.





No Campo da Feira tamén quixemos unirnos a pechar a porta á violencia de xénero.


Cantemos tod@s!!! Que ninguén apague a nosa voz!!!


jueves, 21 de noviembre de 2019

20 de Novembro


Feliz DÍA DA INFANCIA!!!!


MAGOSTO 2019


O luns 11 de Novembro celebramos o magosto no cole.

 A semana anterior fixemos traballiños para coñecer cousas sobre esta festa.

Logo ese día comemos, xogamos....e levamos castañas para á casa.

Aquí imaxes e un vídeo que recollen algunhas cousiñas que traballamos e sobre todo o ben que o pasamos!!!










martes, 12 de noviembre de 2019

UN AGASALLO MOI IMPORTANTE!!!

O pasado Venres recibimos unha visita do concello do Carballiño.
Viñeron a  agasallarnos cun conto dos Bolechas, para traballar a igualdade.
Algo imos argallar antes de mandalos para a casa.
Pronto o saberedes!!!


jueves, 7 de noviembre de 2019

UN DÍA TERRORÍFICO

Durante a semana pasada celebramos o Samaín no cole. Comezamos decorando para a ocasión.
Daba moito medo!!!


Tamén fixemos algúns traballos terroríficos!!!



O mércores viñemos disfrazados ao cole... non había quen nos coñecese!!!






 E para rematar o día... elaboramos unha merenda mortífera. Cada nen@ fixo un sandwich de momia... que estaba riquísimo!!!
E de postre, unha chuche que metía medo!!!




E para finalizar, fixémolo cunha proposta do Equipo de Plurilingüismo: unha gran exposición MONSTRUOSA!!!





miércoles, 6 de noviembre de 2019

O MONSTRO DE CORES

Nestos días de medo, quixemos aprobeitar para traballar as nosas emocións cun monstro moi especial: 
O MONSTRO DE CORES

Lemos o conto e falamos de que son as emocións e como nos sentimos cando nos mancamos, cando non queremos vir ao cole, cando pelexamos....



Aprendemos un montón!!!

Convertímonos nuns monstros moi bonitiños!!!

Axudándonos entre todos pintamos o que sería o traxe.


Moreas de raias de cores fixemos!!!!


E despois cada un elexiu a cor que mais lle gustaba e transformouse nunha emoción.
ALEGRÍA, TRISTEZA, CALMA, MEDO, RABIA E AMOR.





Foi divertido ser monstros de cores!!!


Neste video queremos amosarvos o ben que o pasamos!!! 
O traballo sempre merece a pena!!!






lunes, 4 de noviembre de 2019

CUMPLES de OUTUBRO

Moitos parabéns a todos os cumpleañeiros deste mes!!!!

Carla e Hugo 3 aniños!!!



Ethan e Emanuel 4 anos!!!


Andrea 5 anos!!!



OUTONO


O OUTONO CHEGOU
MARRÓN E AMARELO
O OUTONO CHEGOU
E MOITAS COUSAS NOS DEIXOU!!!



Cada clase participou facendo manualidades de outono, para dar a benvida a esta estación. 
Na aula de 3 anos fixeron setas moi perigosas. ESAS NUNCA SE PODEN TOCAR!!!!


Na aula de 4 fixeron uns trasnos moi 
especiais.



E os maiores do cole fixeron uns paxariños cantores!!!



BENVIDO OUTONO