viernes, 27 de abril de 2012

ANIVERSARIO DE PAULA

Hoxe celebramos o aniversario de Paula.


Despois de cantarlle...


Soprou a vela...


 E logo puxémonos a comer a deliciosa tarta que nos trouxo, ...



... e tamén os gusaniños.


Pasámolo moi ben!

martes, 24 de abril de 2012

MÁIS ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

Na aula de 3 anos, a profe Mª Carmen leulle aos nenos e nenas o conto do patiño feo.




Logo, decidiron que ían facer eles o seu propio conto, e puxéronse mans á obra, e así, pintaron ó patiño feo de azul.




E despois de pintar ao cisne no que co tempo se transformou o patiño feo, fixeron unha portada para o seu conto, estampando moitos patiños amarelos e un patiño feo azul.








Mirade que bonito lle quedou o seu conto! 




Os nenos e nenas de 4 anos decidiron decorar a portada de varios contos.


E así, puxéronse a facer puntiños de cores cos rotuladores...



Este foi o resultado...



E ademais, para recordar o capítulo do Quixote que leran, pintaron unha ficha na que aparecía o Don Quixote preparado para loitar contra un muíño de vento.









Na clase de 5 anos, a partir da lectura do conto As fabas máxicas, tamén fixeron o seu propio conto, así, escribiron, debuxaron e pintaron.



Que ben o fan, verdade?






Así de preciosos quedaron os seus contiños.



Despois de pasalo xenial, ó remate da xornada, todos os nenos e nenas levaron os seus traballiños para a casa.








lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

Hoxe, para conmemorar o día do libro que mellor que comezar escoitando unha canción, e sendo a do Quixote, moito mellor para motivar aos nenos e nenas.


Despois para seguir celebrando un día tan importante coma este, lemos un capítulo de dito libro: Don Quijote de la Mancha nunha edición para nenos, explicando a relevancia que dita obra ten na cultura universal.







 E despois, aínda que todos os días imos ó recuncho da biblioteca por grupos, hoxe fixémolo cunha especial interese e collemos un libro para ler.















Pero fixemos algunha cousiña máis, vémolas mañá.