domingo, 1 de julio de 2018

GRADUACIÓN 2018


Despois de representar "O Coelliño Branco" en colaboración coas familias celebramos a graduación dos nenos e nenas da clase de 5 anos, que rematan a etapa de educación infantil e marchan ao cole de maiores para comezar a etapa de educación primaria.


Con anterioridade elaboramos os nosos propios birretes e bandas a xogo ca cor dos nosos mandilóns, laranxa.




E fixemos fotos de grupo e individuais para elaborar a nosa orla.








Despois de tres cursos consecutivos de moito esforzo, experiencias, vivencias... tivemos a nosa recompensa....




Chegou o momento e xa estabamos todos e todas preparados para recibir o noso diploma, a nosa orla e o noso agasallo.







Felicidades polos vosos estupendos resultados!!!!



Agora só nos queda darvos as grazas a todos e a todas pola colaboración e atención e desexarvos unhas felices vacacións de verán!!!!