domingo, 20 de mayo de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018


Durante a semana fixemos diversas actividades para celebrar a festa das LETRAS na nosa comunidade, que este ano está adicado a MARÍA VICTORIA MORENO, a cal se namorou e defendeu a nosa lingua con todas as súas forzas.




Victoria Moreno, profesora amante da nosa lingua escribiu moitos libros e nos eleximos para traballar nas nosas aulas de infantil "O CATAVENTOS","UNHA FESTA NO FAIADO" e "BRÈTEMA".













Dende o Equipo de Normalización Linguística todo o centro fixo un mural da homenaxeada e no noso edificio reflexamos o conto "Brétema", e así  traballamos cos nenos-as o respeto e o cariño hacia os maiores. 








Ademais este curso tivemos a sorte de celebrar a festa das LETRAS GALEGAS coa visita de MAGÍN BLANCO ao auditorio da nosa vila, o cal  fomos todos os nenos e nenas do cole.
Moi ledos e guapos preparámonos para ir a disfrutar da súa obra.


 Que ledicia, xa na entrada nos recibía o fantástico Magín Blanco.











Nesta ocasión a actuación musical de Magín centrouse no seu libro "CAMIÑOS", a cal nos fixo voar moito coa nosa imaxinación....



O remate da función, adicounos o libro de" CAMIÑOS" para levar as nosas aulas e poder revivir estas emocións.



Todos ledos e distensionados polo ben que o pasamos, marchamos para o noso cole.

Seguidamente  disfrutamos no noso cole cunha costume moi galega, coidar o noso horto, o que lle plantamos máis amorodos e lle quitamos as malas herbas:



Que fresquiños quedaron!!!

Tamén en colaboración co Equipo de Normalización todo o cole cantamos e bailamos a canción "ESTO BAILASE ASÍ" de Uxía Lambona e a banda molona.
Primeiramente fixemos ensaios na aula de música coa profe Paula:




E despois de tanto ensaio chegou o día e celebrar a festa das Letras:




Que ben o pasamos e canto aprendemos....