domingo, 20 de diciembre de 2015

REMATOU O PRIMEIRO TRIMESTRE...

... E nos últimos días fixemos as portadas para levar tódolos traballos para a casa. 
En 3 anos:






En 4 anos:










En 5 anos:


Como estas son unhas datas especiais elaboramos tamén unha postal para felicitar ás nosas familias.

En 3 anos:






 En 4 anos:



 
En 5 anos:



Ademais, portámonos moi ben. Así que lle escribimos a carta ós Reis Magos pedíndolles agasallos.






Canto traballamos!!! Por iso agora disfrutamos dun merecido descanso.
Desde estas páxinas só nos queda desexarvos un Nadal cheo de ilusión, ledicia e paz e que comecedes do mesmo xeito o novo ano. Lembrarlle ós máis pequenos que teñen que portarse ben para que Papá Noel e os Reis lles traian todo o que pediron.

FELICES FESTAS!!! VÉMONOS DE NOVO O DÍA 7 DE XANEIRO!!!

jueves, 17 de diciembre de 2015

MERENDA DE NADAL

Como hoxe é case o último día de cole antes das vacacións de Nadal, fixemos unha merenda. Xuntámonos as tres clases e comemos, bebemos e divertímonos.











E antes de irnos para a casa aínda había outra sorpresa:  un sobre-agasallo.








Que tería dentro???
Nós xa o descubrimos. Menudo día!!! Cantas emocións!!!


miércoles, 16 de diciembre de 2015

REMATANDO AS UNIDADES

Como remate da segunda unidade os nen@s de 5 anos fixeron a súa propia lámina de arte. A partir do cuadro "A moza na fiestra" de Salvador Dalí fixeron as súas elaboracións.



E os nen@s da clase de 4 anos fixeron as súas interpretacións do cuadro "A casa azul", de Marc Chapall.
 





MENUD@S ARTISTAS!!!