sábado, 6 de febrero de 2016

FESTA DE ENTROIDO!!!

Hoxe os nen@s viñeron ó cole co disfraz o máis completo posible dos velliños da película Up, pois así o ordenaba o Meco.

















Durante estes días decoramos os corchos con motivos de Entroido.









E, para celebrar o Entroido, fixemos unha pequena merendola con galletas e gusaniños.








Xa repostas as forzas tocaba saír ó patio cos compadres e comadres que estivemos facendo estes días. Os de 4 e 5 anos pintaron os personaxes de Up. Os nenos fixeron a velliña e as nenas o velliño. Os de 3 anos só pintaron a cara dos mesmos. A roupa picáronlla. Despois de montados no papel de xornal estes foron os resultados:


























E xa no patio, así foi a nosa batalla de compadres e comadres.













Por último, subimos ás aulas para poñer a casa con globos da película que estivemos a facer esta semana. Este foi o proceso: pintamos, picamos, pegamos os globos e... rematadas!!!




















Lembrade que nos vemos de novo o xoves día 11. Disfrutade destes días!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario