miércoles, 30 de marzo de 2016

XOGANDO COA MÚSICA

Xa estamos de volta das vacacións e hoxe os nen@s pasárono así de ben na clase de música, tocando varios instrumentos e cantando.




viernes, 18 de marzo de 2016

FELIZ DÍA, PAPÁS!!!

No cole estivemos facendo uns agasallos para regalarlles ós nosos papás ou avós. Este ano o propio día cae en sábado, razón pola cal adiantámolo ó último día de clase.
Os de 3 anos decoraron un marco con pintura de dedos, utilizando para iso un bastonciño. Logo, despois de poñer o nome, a profe pegou unha foto do seu pai ou avó con eles e... quedou un marco de fotos chulísimo!!!






Os de 4 anos decoraron un marcapáxinas pintando con cera e con pintura de dedos aplicada con bastonciño. O resultado foi este:









E, finalmente, os de 5 anos elaboraron un portalápices especial. Como estiveron falando de Exipto, decorárono con motivos exipcios despois de colorealo.








Ademais escribíronlle unha postal con moito agarimo. De portada colorearon unhas flores de liño, que era a herba coa que facían a roupa os exipcios.






 Unha  vez feitos, envolvémolos con folios de cores e levámolos para a casa.










 PARABÉNS A TÓDOLOS PAPÁS E... FELIZ DÍA!!!

E despois de tanto traballo, temos ben merecidas unhas pequenas vacacións, non si? Lembrade que estaremos de volta o martes 29 de Marzo. Pasádeo ben!!!


PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Coma sempre que se acercan estas datas, estivemos facendo as portadas para levar os nosos traballos encadernados. Os de 5 anos pintaron unha cesta cun simpático coelliño de Pascua e picaron algúns ovos.







 Na clase de 4 anos pintaron dous ovos de Pascua e despois pegáronlle virutiñas de cores.











E, por último, na clase de 3 anos colorearon unha cesta e picaron os ovos de Pascua.







Ademais, para meter as láminas de arte e outros traballos, decoraron tres globos usando diferentes técnicas: un pintárono con pintura de dedos, outro coloreárono con cera e ó último estendéronlle plastilina.