miércoles, 30 de octubre de 2013

MORCEGOS E PANTASMAS

Para rematar coa celebración do Samaín, os nen@s convertéronse en morcegos á hora de irse para a casa.




E tamén viron a película CASPER.





FELIZ SAMAÍN!

CORRE, CORRE CABACIÑA


Durante toda a semana estivemos a traballar o conto: Corre, corre cabaciña.
Lemos o conto, vímolo en vídeo, escoitamos a canción e tamén traballamos na pizarra un lim sobre o mesmo.
Aos nen@s encantoulles.  

Este é o vídeo:


A canción:




 E, se pinchades no seguinte enlace podedes traballar tamén na casa o lim do conto:


martes, 29 de octubre de 2013

VAIA MORCEGOS!


Durante toda a semana estivemos a elaborar uns morcegos: picamos, pintamos con tiza, pintamos con témpera negra, pegamos,... e o resultado,...

Uns pequenos morcegos que levarán os nen@s para a casa...


MORCEGOS - foto montaje

lunes, 28 de octubre de 2013

QUE CABAZAS MÁIS BONITIÑAS!

O venres 25 pedímoslles aos pais e nais se podían traer unha cabaza decorada o luns. 
A resposta foi positiva, e así enchemos as nosas escaleiras de preciosas ou deberíamos dicir, temerosas cabazas...



SAMAÍN 2013 - foto montaje

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN


Desde a semana pasada estámonos a preparar para o Samaín. Por iso, comezamos por falarlle un pouquiño aos nen@s da orixe do Samaín, e logo decoramos as nosas aulas.

Os nen@s de 3 anos fixeron uns troquelados de cabazas para decorar o seu taboleiro...


CABAZAS 3 - foto montaje

Os nen@s de 4 anos fixeron un troquelado de pantasmas... 
Que medo!


PANTASMAS4 - foto montaje

E os de 5 anos, pintaron unhas bruxas malvadas que meten moito medo.

viernes, 25 de octubre de 2013

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Hoxe celebramos os aniversarios do mes de outubro.

Na aula de 3 anos estaban de festa Helia, Erea e Malena, mais ese día Malena non veu ao cole xa que estaba maliña.



En 4 anos, era Fran o que celebraba o seu aniversario.



E, na aula de 5 anos, Manuel, Paula Prieto, Gema e Álvaro festexaban o seu aniversario.


jueves, 17 de octubre de 2013

A VENDIMA

Aproveitando que é época de vendima, os nen@s de 5 anos traballaron coas uvas: manipuláronas, coméronas e logo fixeron con plastilina un racimo de uvas.





DECORAMOS UNHA MOCHILA

Os nenos e nenas de 4 anos decoraron con moitas cores unha gran mochila.






CONTAMOS UN CONTO


En 3 anos contamos o conto: Edu ya no necesita chupete, e logo pintamos un chupete moi colorido.