viernes, 31 de marzo de 2017

CUMPLES DE MARZO

Na clase de tres anos celebramos o cumple de Daniela. Pasámolo moi ben!!



Na clase de catro anos tamén celebramos hoxe o cumple de Diego, que, aínda que foi en febreiro, quedara sen celebrar. A rosca de Pascua estaba boísima!



sábado, 25 de marzo de 2017

PRIMAVERA NEVADA


Dende o Polo Norte, a familia da nosa mascota, a foca Patoca, enviou un correo a profe María.


 Querida profe María:                                                                                             

 Nós sabemos que no Carballiño xa estades en primavera, pero que tamén hai unha alerta de neve na zona, por se acaso non chegase ao voso cole, envíamosvos unha receita de neve artificial para que fagades e disfrutedes moito con ela.                                                                                      

 Un bico moi grande para todos...❤❤




O único que precisamos foron dous ingredientes, maizena e espuma de afeitar.




Puxemos a maizena nunha gabeta.



Engadímoslle a espuma de afeitar.



E para rematar unha boa remexida!!!!



CANTA NEVE FIXEMOS E QUE BEN O PASAMOS!!!!





































jueves, 23 de marzo de 2017

GÚSTANOS A MÚSICA

Hoxe, coma todos os xoves, tivemos música e... sempre o pasamos moi ben e aprendemos cousas novas.
Os de tres anos hoxe tocaron o triángulo.





Os de catro anos traballaron o ritmo.



E ós de cinco anos tocoulles practicar cos xilófonos e coa caixa.


 

miércoles, 22 de marzo de 2017

22 MARZO: DÍA DA AUGA

Aproveitando que hoxe é o día da auga fixemos un experimento...
ENCANTOUNOS!

 Coñecemos e observamos os materias e ingredientes do experimento.

Primero observamos e probamos a auga doce, logo engadímoslle sal e volvémola probar.






 Despois de descubrir as diferenzas entre auga doce e salgada, traballamos a flotación utilizando eses dous tipos de auga con diversas cantidades de sal en tres recipientes, aos que lle añadimos  ovos.





Descubrimos que en función da cantidade de sal,
 o ovo flotaba máis ou menos.




Tamén aproveitamos para falar das propiedades da auga ( insípida, incolora e inolora) e experimentamos para comprobar que é incolora. Primeiro engadímoslle colorante amarelo, logo sumerximos un aguacate e todos poidemos ver o aguacate debaixo da auga da mesma cor que na superficie.





PASÁMOLO XENIAL!!!!



Para non esquecer este momento, debuxamos o que máis nos gustou do experimento.






Pola tarde seguimos falando da importancia que ten o coidado da auga , fixemos a ficha da raíña do día, "A GRAN GOTA".







martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE

Aproveitando que hoxe é o Día da árbore, e que onte comezou a primavera, prantamos un castiñeiro.
Tamén nos concienciamos de que o hai que regar e coidar todos os días, igual que á natureza.












E logo fixemos unha ficha relacionada co tema.

 






Ademáis, hoxe, a profe Conchi deunos unha grata sorpresa cando nos trouxo un niño de paxaros para que o vísemos... e puidemos tocalo tamén.