miércoles, 30 de noviembre de 2011

ANIVERSARIO DE MIGUEL


Hoxe Miguel está moi ledo. Xa ten tres anos e...


para celebralo con nós trouxo galletas de améndoa feitas pola súa mamá e tamén unha chocolatina.

viernes, 25 de noviembre de 2011

jueves, 24 de noviembre de 2011

ANIVERSARIO DE IRIS E LUCAS


Os nenos e nenas de 3 anos teñen sorte, Iris está de aniversario.


Que boa está a tarta que nos trouxo a súa mamá!



 
Na aula de 5 anos, Lucas tamén está de aniversario.




Canta tarta comemos! Que rica!

martes, 22 de noviembre de 2011

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE DIEGO


Hoxe na aula de catro anos...


 Diego está de aniversario, e...



para celebralo trouxonos un biscoito e unhas galletas feitos pola súa nai... Canto comemos! Que bo!


viernes, 11 de noviembre de 2011

CHEGOU O GRAN DÍA


Cantas castañas!



Así quedaron as nosas castañas.

Para abrir o apetito das castañas fixemos un pouco deporte e algúns xogos:


Os de 3 anos fixemos carreiras,


os de 4 anos carreiras de saltos cos pes xuntos,


e os de 5 anos, carreiras de culleres con castañas.



Ademais, xogamos ao gusano Tano... e ao gusano Cubano...






Fixemos no patio un caracol xigante ao son da súa canción, bailamos ao redor dunha pequena fogueira...



E comemos castañas para celebrar o San Martiño e tamén a voda de doña Castaña e don Castañín.

E para rematar o día, fomos para a casa moi ledos e cos nosos bolsiños de castaña.


jueves, 10 de noviembre de 2011

VODA DE DOÑA CASTAÑA E DON CASTAÑÍN





Non diredes que non están para comelos!

NAS VÍSPERAS DO SAN MARTIÑO

Estamos a elaborar un bolso con forma de castaña para o día de San Martiño.




Primeiro pintamos con témpera.


Pintamos con ceras e logo rasgamos e pegamos papeliños.







Xa van collendo xeito!