miércoles, 17 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES



Dende a semana pasada estamos a preparar a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano  está adicado ao ourensán CARLOS CASARES MOURIÑO (Ourense 1941-Vigo 2002). Escritor, profesor e xornalista. 
 
 
Comezamos buscando información do homenaxeado na biblioteca de aula. 

 
 Dos libros que vimos que escribiu, o que máis nos gustou foi o conto "A galiña azul", que potencia a atención á diversidade e axuda a favorecer a integración social.

  
 
 





 



 
Con este conto fantástico no ano 1968 conseguiu o primeiro premio no I concurso de Contos Infantís.





Investigamos sobre a vida persoal de Carlos Casares: descubrimos que naceu en Ourense e aos 4 anos foise a vivir a Xinzo coa súa familia por motivos de traballo do seu pai, que era mestre. Alí foi á escola e fixo os seus primeiros amigos ademáis de descubrir aos  10 anos a necesidade que tiña de escribir e redactar as suas vivencias.










Tamén estudou no seminario de Ourense e no instituto de dita cidade ata que no ano 1962 comezou a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela que rematou no ano 1968 coa especialidade de Filosofía Románica. 
 


 
 
 
Exerceu a docencia en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Así mesmo,foi director da editorial Galaxia no 1986.

 E no noso edificio, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística e coa axuda da profe Patricia decidimos facer o mural do homenaxeado coa temática do espazo globalizando as súas obras e traballos.
 
 



 
 

 












Antes de publicar o conto da "Galiña azul"non había libros infantís en galego e a súa preocupación era que os nenos e as nenas puidesen ler na súa lingua, polo que traduciu contos doutros idiomas, como O principiño. 
 





Que chulo nos quedou con todos os nenos-as do cole viaxando polo espazo.

 

Nesta festividade tan galega non podemos esquecer a nosa bandeira , a cal observamos e pintamos.





 
 

 No ano 2000 ,Carlos Casares editou un dos seus últimos relatos "Un polbo xigante" e nos como veciños da vila do Carballiño, non podemos pásalo por alto, pois axúdanos a exaltar a nosa prestixiosa festa do Pulpo.
 









 
 

 
 



  Xa rematando a tarde fxemos entre todos-as unha "MELANDRINA", término de Carlos Casares, que utilizou para describir a súa primeira saída e merenda cando estaba no cole de Xinzo.
A raíz da súa redacción da "Melandrina" descubriu que quería ser escritor.
 


Escollemos como froita protagonista para a nosa "Melandrina" as cereixas en honor a Casares, xa que na súa infancia, cando non tiña cole, ía a casa do seu tío a Sabucedo. Alí comía as mellores cereixas  xunto cos seus amigos do pobo.













 
Estaban moi doces e saborosas.
 
E por último preparámonos para a saída, onde cada nen@ como lembranza deste estupendo día levou un libro dos Bolechas con cadaseu marcapáxinas do noso homenaxeado que nos agasallou o concello.


 
 
 
 



 
 
Que disfrutedes dunha feliz semana das Letras Galegas!!!