viernes, 29 de noviembre de 2013

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Este mes de novembro na clase de 3 anos celebraron o seu aniversario Xabier, Álex e Juanma. 
Juanma o día da celebración estivo maliño e non veu ao cole.

+

E na aula de 5, festexaron o seu día Miguel, Brais, Iris e Adriana.


PARABÉNS A TOD@S!

martes, 12 de noviembre de 2013

SAÍDA AO BALNEARIO E AO RÍO

Coma tódolos anos fixemos unha pequena saída ao balneario e ao río Arenteiro. Alí puidemos ver os castiñeiros cos seus ourizos e castañas e tamén outras clases de árbores, entre eles os carballos coas súas landras,...

O río ó seu paso cantaba e igual que o ano pasado vimos unha garza .
Pasámolo xenial!


BALNEARIO 13 - presentacion imagenes

lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Hoxe, día da festa do MAGOSTO, os nen@s veñen ao cole cun colar de castaña que fixeron na casa cos seus papás e mamás. Mirade algúns deles...que bonitiños!



...E que guapos estamos tod@s cos nosos cintos e cos nosos colares de castaña.




E, así de guap@s, celebramos o MAGOSTO...
Houbo distintas actividades: os nen@s de 3 anos fixeron unha carreira,os de 4 correron dando saltos cos pes xuntos e os de 5 correron á pata coxa... Canto nos rimos!
Despois os pais e nais dos nen@s de 3 anos xogaron a estoupar o globo, os de 4 anos ás sillas musicais e os de 5 anos fixeron unha carreira de sacos. 

Logo comemos a fartar: bolos preñados, lambetadas e un chocolatiño quente...

 QUE BEN O PASAMOS!


viernes, 8 de noviembre de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO

Para comezar coas actividades do magosto, contámoslles aos nen@s o conto A CASTAÑA QUE QUIXO RIR ...




E, despois, nas tres aulas, pintamos dita castaña: A CASTAÑA QUE ESTOUPOU, QUE PRIMEIRO RIU E DESPOIS CHOROU.


CASTAÑAS - foto montaje

Tamén fixemos un cinto de castaña para meter as castañas o día do MAGOSTO.