viernes, 30 de mayo de 2014

ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO

Neste mes de maio, estiveron de aniversario na aula de 3 anos: Daniel, Gabriel e Santiago.


En 4 anos: Daniel.


 E, en 5 anos: Alejandro e Noemi.


PARABÉNS PARA TODOS!

jueves, 29 de mayo de 2014

RECICLAMOS COA CRUZ VERMELLA

A Cruz Vermella achegouse ata o colexio para facer unha actividade de reciclaxe.
A partir de botellas baleiras de plástico, fixemos unhas macetas moi orixinais.

E aproveitando que xa tiñamos as macetas,... prantamos unhas sementes de lentellas...

Foi unha experiencia moi gratificante.


Reciclamos - Movie Maker

miércoles, 28 de mayo de 2014

DE EXCURSIÓN A SANTIAGO

Imos de excursión a Santiago de Compostela! 
A primeira hora da mañá, facemos os bocatas e preparamos as viandas.


Preparándonos - Movie Maker

Xa chegou o autobús!
Moi ledos todos, subimos e sentamos. Abrochamos os cintos...


Ímonos! - Movie Maker

A primeira parada facémola no Aeródromo Militar, onde nos reciben con moita lecidia e ganas de ensinarnos a escola de pilotos,... e como non... as avionetas que alí teñen.
Ata nos puidemos montar nunha delas. QUE SORTE!

Logo,... como por arte de maxia, chegou un coche de bombeiros... ENORME!!


Aeródromo-Bomberos - Movie Maker

A segunda parada fixémola na Cidade da Cultura, que grande e que bonita!
Alí, dous monitores ensináronnos a exposición sobre a Auga e fixemos algunha actividade.

Aproveitamos para comer alí.
Que rico estaba todo!



Cidade da cultura - Movie Maker

Para finalizar a nosa excursión, dirixímonos á Estación de Tren, onde con axuda de protección civil, subimos ao tren e viñemos moi ledos, disfrutando da paisaxe.

Ó chegar á estación do Carballiño, merendamos e ó rematar voltamos en autobús para o colexio, onde nos agardaban os nosos papás e mamás.


Voltamos en tren- Merenda - Movie Maker

PASÁMOLO XENIAL!

NOTA: As profesoras, nen@s e pais-nais do colexio C.E.I.P. Plurilingüe Calvo Sotelo, Edificio Campo da Feira, queremoslle agradecer aos profesionais do Aeródromo Militar e da Cidade da Cultura a súa colaboración e o excelente trato que tiveron con nós.
Especial mención e agradecemento tamén a Protección Civil de Santiago e Carballiño pola gran axuda que nos prestaron.

MOITAS GRAZAS!

jueves, 22 de mayo de 2014

OS PAIS ENTRAN NAS AULAS

Hoxe,  xoves 22 de maio, no cole foi un día especial, xa que tivemos unha xornada de portas abertas.

Os pais/nais, entraron as aulas correspondentes, para observar como os nen@s realizaban as súas actividades durante a xornada da mañá, chegando incluso a participar activamente nelas.

Os neno@s estaban moi ledos por ver os seus pais/nais na aula.

Foi un día diferente, especial e cheo de emocións, sobre todo para os nen@s, pero tamén para os pais/nais que disfrutaron enormemente da experiencia.



















































jueves, 15 de mayo de 2014

IMOS Á PRAZA MAIOR CANTAR O HIMNO GALEGO

Hoxe pola tarde fomos de paseo á praza maior, alí cantamos o himno galego, e... comemos un xeado... que estaba boísimo!