martes, 24 de noviembre de 2020

lunes, 23 de noviembre de 2020

AGASAIOS DO CONCELLO!


 Desde o Concello do Carballiño quixéronnos agasaiar cunhas mascarillas para todos os peques!






Moitísimas grazas!!!!

sábado, 21 de noviembre de 2020

MAGOSTO 2020

 O 11 de Novembro tocaba festexar o San Martiño. Aínda que foi diferente non deixamos de pasalo xenial.

Ao longo da semana traballamos sobre o magosto.

Traballamos unha asemblea moi magosteira toda a semana e coñecemos todo sobre a protagonista da festa: A NOSA CASTAÑA. 

3 anos:




5 anos: 


Despois de moito traballar chegou o día de troulear. Comemos bolos preñados, postres de magosto traidiños da nosa casa e...xa co bandullo cheo era hora de botar unhas carreiras, sempre sen esquecer aulas burbulla e moita desinfección. 

3 anos:



4 anos:







5 anos:



E así de guapos marchamos para a casa, co noso colar de castaña!!!







Foi un día fantástico!!!


martes, 3 de noviembre de 2020

O NÚMERO 7

 Os mandilóns laranxas están a traballar co número 7.


Estan a facelo xenial: contamos depresores, facemos sumas, escribimos na pizarra máxica ...



E todo isto sen esquecernos dese monstruo que está con nós, empregando máscara, lavando as mans e desinfectando ....

E xa que o facemos de 10 liberamos enerxia bailando antes de marchar para a casa !!!


https://drive.google.com/file/d/1nL-qyAew_jJBb4_YYKJkMIiHJslLjB9O/view?usp=sharing








SAMAÍN 2020



 A semana pasada estivemos a traballar moreas de actividades relacionadas co Samaín. Aquí vos amosamos algunha delas:

NA AULA DE 3 ANOS:




NA AULA DE 4 ANOS:


NA AULA DE 5 ANOS:



Tamén fixemos uns marcapáxinas moi acordes coa temática para empregar nas nosas lecturas máis terroríficas!!!




A profe Marta fixo unhas máscaras de medo. Quedamos guapísimos!!!



Para rematar, o venres podiamos vir disfrazados ao cole.









E como non podía ser doutra maneira as nosas merendas do venres tamén daban medooooooo!!!





Que fermoso poder ver que a ilusión non se perde nin co Coronavirus!!!!

Como premio polo noso esforzo e dedicación nestes momentos tan difíciles as mestras agasalláronnos cunhas piruletas terroríficas!!!

FOI UN GRAN DÍA!!!


OS NOSOS MEDOS!!!

A semana pasada comezamos unha nova aventura na clase dos mandilóns laranxas.


O luns trouxemos ao cole unhas caixas fermosas que decoramos coa axuda das nosas familias.



Falamos dos nosos medos e de como deixar de telos.

O venres, cada un de nós debuxou un dos seus medos e despois contoullo a todos os nenos e nenas da clase.

Medo ás arañas, abellas, á escuridade....

Xa están todos atrapados nas nosas caixiñas e xa temos a solución para que desaparezan.


Seguiremos atrapando máis medos ao longo do curso!!!