jueves, 23 de mayo de 2013

EXCURSIÓN AO GROVE

Así foi a nosa excursión...
Pola mañá cedo as profes prepararon a comida e merenda para tódolos nenos e nenas que ían de excursión. Levamos bocadillos de chourizo, salchichón, queixo e xamón; empanadillas de polo; plátanos e mazás; e tamén unhas galletiñas de chocolate para a merenda da mañá, e por suposto, auga.
Non nos podiamos ir sen colgar os distintivos co nome do colexio e por detrás o nome é apelidos de cada nen@ co seu teléfono.
As nais e pais axudáronnos a cargar tódalas cousas no autobús.


Xa estamos listos! Xa nos podemos ir!


Mentres non era hora de subir ao barco comemos as galletas de chocolate na Illa da Toxa. Xa tiñamos fame! Que ben nos souberon! E mentres comiamos vimos como as mariscadoras recollían ameixas.


Chegou a hora de subir ao barco! 
Emoción e nervios!
Que ben se vai por riba da auga!
Cantas algas e plantas hai no fondo do mar!


No monte Siradella xantamos de marabilla e despois xogamos un pouco mentres non era hora de ir ao Acuario.



Xa estamos no Acuario. 






Cantos peixes hai aquí! 
Raias, morenas, polbos, cabalas, troitas, tartarugas, estrelas de mar, centolos, langostas, etc., pero o que máis nos gustou foi o tiburón... Que cacho dentes tiña! Que grande!
Tamén nos gustou moito tocar as estrelas de mar e os ourizos!




Para rematar a visita, vimos os osos de distintos cetáceos: delfíns,orcas,...


Repoñendo forzas ao sair do Acuario, para logo ir visitar o camping de Moreiras.


E, por último, merendamos en Soutelo de Montes...



Chegamos ao cole! Esperan emocionados os pais e nais,...

Que ben o pasamos!

jueves, 16 de mayo de 2013

ACTIVIDADES DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Que día grande para a nosa Galicia!, o día das Letras Galegas.
Ademais de facer os nosos nenos e nenas a bandeira de Galicia coma tódolos anos, durante a semana fixemos variadas actividades relacionadas co noso homenaxeado Roberto Vidal Bolaño, e rematamos a celebración deste día cantando o himno de Galicia.
Que mágoa!, que por mor do mal tempo non puidemos facer a saída de tódolos anos á Praza Maior, para poder cantar alí o himno levando ben alta a nosa bandeira.


Bandeira de Galicia - foto montaje

DANIEL FAI 4 ANOS

miércoles, 15 de mayo de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Xa sabedes que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño. Foi autor de teatro, actor e director, entre outras cousas,...
Aquí vos deixamos un vídeo con fragmentos dalgunha das súas obras, como son: Touporroutou da lúa e do sol e Laudamuco, señor de ningures.


QUE LORO!

Os nenos e nenas de 5 anos para rematar a unidade dos animais, na cal coñeceron os distintos hábitats onde viven, as súas características, etc., fixeron un loro moi colorido.
Para poñer as cores, axudámonos dunhas fotos que vimos na pizarra. Así de bonitos quedaron...


jueves, 2 de mayo de 2013

PAXARIÑOS, PLANTAS E ABELLAS

Aproveitando que estamos na primavera, estas son algunhas das actividades feitas nas distintas aulas...


Plantas - foto montaje

Na asemblea dos nenos/as de 4 anos, falando da primavera, xurdiu o tema das abellas, o que nos motivou para traballar durante varios días contidos das tres áreas de E.I. sempre relacionados con dito tema.