sábado, 30 de marzo de 2019

ANIVERSARIOS DE MARZO

                 ANIVERSARIOS DE MARZO

Na clase de 5 anos estuvo de cumple Daniela.




Moitas felicidades. 

Na aula de 4 anos, soprou as velas ZAIRA!!

MOITAS FELICIDADES!!






miércoles, 20 de marzo de 2019

BENVIDA PRIMAVERA!!!

Hoxe comeza a Primavera!!!
Experimentamos os seus cambios no noso maravilloso patio!!!



Moreas de flores nos petos dos mandilóns!!!


Os mandilóns laranxas tamén celebran a chegada cun rock de primavera.

lunes, 18 de marzo de 2019

FELIZ DÍA: Papás, Pepes, Pepitas, Abuelos,...

  A pasada semana traballamos para facer uns agasallos moi especiais. 
  Non só incidimos na figura dos papás, senón que é un día para moitas celebracións. Cada quen agasalla a quen prefira. 
  Así foi que algúns nenos decantáronse polo seu pai, outros polos avós, bisavós, nais... 
  Na clase de  4 anos fixeron uns bonitos marcapáxinas e uns chaveiros.
  Os de 3 anos inclináronse por uns marcos de fotos e tamén uns chaveiros.
Que bonitos quedaron!!
E canta ilusión adicada!!!


     





FELIZ DÍA PARA TOD@S OS HOMENAXEADOS!!!

viernes, 15 de marzo de 2019

A VISITA DE MARTIÑO

Hoxe recibimos a visita do pulpiño Martiño e do seu sobriño Luisiño dende a Biblioteca Pública do Carballiño.



Unha vez que Martiño nos contou as súas historias probamos o seu gorro MÁXICO.




E xa para rematar nas aulas pintamos, maquillamos, ... moitos Martiños.
Foi unha mañá diferente e divertida.


jueves, 7 de marzo de 2019

MÁIS COUSIÑAS DE FEBREIRO

ENTROIDO
Na semana do 25 ao 28 de febreiro xa nos metemos de cheo na celebración do entroido. Como cada ano e seguindo as propostas feitas dende o equipo de actividades extraescolares cumprimos coas ordes que nos trouxo o meco. Aproveitamos tamen que na clase de 5 anos estamos traballando o proxecto " Cousas do antigo Exipto" para convertirnos en exipcios e exipcias. Así de guapos/as nos puxemos



E chegou o día grande. Xa con todo preparado fomos a celebralo a Uceira. Que nervios! O gran desfile! 


Que guapos e guapas estabamos! E que ben o fixemos! 
Viva o entroido! 













REMATOU FEBREIRO

        FEBREIRO O MES MÁIS CURTO DO ANO
E febreiro o mes máis curto do ano, pero deixounos moitas experiencias.
O día 21 fomos ao auditorio de Ourense ver a obra Burbullas de papel. Velaqui o noso recordo:




Próximamente contaremos máis cousas. 

miércoles, 6 de marzo de 2019

🇬🇧 TACIÑAS DE TÉ

Este curso dende o lema da Biblioteca "UNHA VIAXE POR EUROPA", decidimos coñecer o Reino Unido.
Así foi que no entroido lucíamos disfraces relacionados co país elexido.
As aulas de 3 e 4 anos convertímonos por un día en taciñas de té inglés.
Así foi o proceso dende os inicios fai moitos, moitos días.

 ● Decidir, pensar, inventar, cortar, pegar...


● Chegou o gran día! Tiñamos que vir vestidos de negro!
Xa no cole as profes e Conchita puxeron brillo de purpurina nos nosos beizos. Que fermosos estabamos!!!


● E cara a Uceira marchamos!!!


Unha vez alí xa so quedaba disfrazarse. Qué incertidumbre!! De que sería o noso disfraz?



Pequenas tazas de té inglés, con azucre, pastiñas de chocolate, culler, .... listas para o desfile.



Xa so qedaba voltar ó cole co autobús cargado, repoñer forzas cuns carameliños que as profes nos deron por portarnos xenial, e facer fotos de grupo para o recordo.







🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧

🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧🇬🇧