miércoles, 29 de febrero de 2012

UNHA CLASE DE INGLÉS

Hoxe os nenos e nenas de 3 anos na clase de inglés co profe José Antonio cantaron a canción: 
"CLAP YOUR HANDS"



Os nenos e nenas de  4 anos fixeron unha ficha do libro Jelly Beans.



En 5 anos tocaba o tema "FOOD".


Os nenos e nenas fixeron actividades de "English for little children" no ordenador.



lunes, 27 de febrero de 2012

ANIVERSARIO DE AROA



 Aroa celebra que xa ten 6 anos. Mirade que biscoito de chocolate máis orixinal nos trouxo...


E que bo estaba!


jueves, 23 de febrero de 2012

ANIVERSARIO DE PABLO COTELO


 Pablo hoxe trouxonos unha tarta de chocolate para celebrar que fai 5 anos.


 Soprou as velas, e logo...


despois de cantarlle,...


puxémonos a comer.


Que tarta máis rica!

GÚSTANOS A MÚSICA

 Hoxe os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos estiveron a ver a película "APRENDIZ DE BRUJO" de Paul Dukas, na aula de música.


Gustoulles moito.


viernes, 17 de febrero de 2012

CHEGOU O ENTROIDO

Xa hai días que lle demos a benvida ao entroido, tradición tan arraigada na nosa provincia e localidade.
Para meternos de cheo nesta temática tan popular, comezamos a contarlles aos nenos e nenas o conto: María non é de aquí.




Partindo deste conto, nas asembleas das distintas aulas dialogamos sobre o entroido e as súas costumes, introducindo vocabulario significativo propio desta tradición, tanto a nivel indumentario (máscaras, disfraces, charangas, felos, peliqueiros,...) como gastronómico (cocido, orellas, filloas,...).

Tamén observaremos cos nenos e nenas as fotos do entroido doutros cursos que están expostas nas escaleiras do centro.







As diversas actividades que fixemos en relación co entroido foron:

Comezamos por ambientar as aulas, decorando os taboleiros con caretas:









COMO NOS FAN RIR ESTES PAIASOS...








 QUE MAL SE VE CO PARCHE!








ASÍ TAPADIÑOS NON TEMOS FRÍO!

Mirade que antifaces tan festivos picamos:





Continuando coa nosa tarefa de reciclaxe, elaboramos uns compadres e unhas comadres para destacar que o xoves de compadres e o xoves de comadres son días importantes no noso entroido.

Sabedes con que os fixemos?
Con papeis de xornais, de revistas e de agasallos reciclados.

O proceso que seguimos para a súa elaboración foi o seguinte:
1º Collemos un montón de xornais atrasados.


2º Repartimos follas e doblámolas.




3º Fixémoslle as caras.






Pero como os compadres e as comadres queren ir de paseo, ímoslle poñer un traxe...












Que guapos nos quedaron...









Para dar por finalizadas as actividades relacionadas co entroido:

Na aula de 3 anos pintamos unha careta de indios.




Na aula de 4 anos troquelamos a silueta da ra Pascuala e disfrazámola de pirata.





Na aula de 5 anos troquelamos a silueta da abella Pepa e disfrazámola de faraón.




COAS NOSAS CARETAS
DE INDIOS, FARAÓNS E PIRATAS
SAIMOS EN FILA E ATENTOS,
IMOS LEDOS E CONTENTOS.




QUE BEN O PASAMOS! E..., CANTO TRABALLAMOS!