lunes, 30 de mayo de 2016

ANIVERSARIOS DO MES DE MAIO

Este venres pasado celebramos tódolos aniversario de maio, pois xa foi o último venres do mes. En 3 anos estivo de celebración Ángel.





Na clase de 4 anos cumpriron anos Thiago e Diego Castro.



E, por último, na clase de 5 anos felicitamos a Santiago, Gabriel, Uxía e Daniel.








PARABÉNS A TOD@S!!!

martes, 24 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O día 17 de Maio foi o Día das Letras Galegas. No cole estivemos toda a semana anterior lembrando esta data tan importante para a nosa cultura e a nosa fala. Este ano  adícaselle a Manuel María e na clase recitamos e cantamos poesías deste autor. 
Na clase de 3 anos fixemos coa profe Conchi Vázquez a poesía de "O arco da vella" e tamén recitamos a poesía de "O carro". A partir dela coloreamos e picamos un carro de vacas.






Na clase de 4 anos recitaron a poesía de "O caracol" e despois pintaron un caracol e copiaron parte da poesía.








Ademais o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo a realización dun mural cun lema en galego. Como lema eleximos uns versos de Manuel María e de debuxo decidimos facer un bosque na metade do mural, que foi coloreado polos nen@s de 3 e 4 anos.













Como este poeta e escritor adicou moitos versos a Carballiño, decidimos poñer na outra metade do mural o escudo da nosa vila e, por riba del, fotos dalgunhas zonas das que fala nos seus poemas: a Veracruz, as fontes, o Concello... Os nen@s de 5 anos copiaron algúns deses versos que nos servirían despois para acompañar eses lugares.
























Trala montaxe, así quedou o noso mural:










Ademais non podiamos pasar esta celebración sen coñecer a nosa bandeira. E que mellor modo de coñecela que facéndoa. A partir de papeis de xornal fixemos a asta e coloreando a banda dun folio de cor azul conseguimos a bandeira.
















Xa tiñamos todo listo para a celebración, que se pospuxo ata o día 20 de maio.
Desde o Concello mandáronnos uns marcapáxinas de Manuel María, pois íannolos dar cando tiñamos previsto ir de visita (o día 12 de maio). Como o tempo non acompañou, pois choveu, non puidemos ir coñecer o edificio do Concello. Esperamos poder ir o vindeiro ano.
 

Xa só nos faltaba unha cousa: aprender o himno galego. Ensaiamos nalgún momento libre e o profe José Luis tamén nolo ensaiou na clase de música.



 

O día 20 a profe María ensinounos como se baila unha muiñeira na clase de psicomotricidade. Xa sabedes, brazos arriba e tacón, punta, tacón...















E á saída cantamos o himno e levamos todo para a casa.