jueves, 22 de octubre de 2020

AS FOLLIÑAS CAEN!!!


 Desde o comezo do Outono os nen@s de 3 anos estivemos a aprender e facer actividades sobre esta estación...

Escoitamos e cantamos cancións.


Observamos como as follas das árbores do noso patio cambiaban de cor e caían ao chan.




Tamén nos demos conta que o tempo cambiou, agora fai máis frío e ás veces chove.


Para decorar a nosa aula elaboramos móbiles con algúns froitos do outono: uvas, cabazas, cogumelos e castañas!!


E como a mellor forma de aprender cousas novas é explorar e desfrutar, así o fixemos no patio do noso cole!!!




miércoles, 21 de octubre de 2020

XOGAMOS CO CÍRCULO


 Mediante diferentes técnicas, os peques de 3 anos están a descubrir a forma circular, e ao mesmo tempo están a xogar coas diferentes cores.

Tamén empregamos a psicomotricidade fina para traballar co punzón, coa pintura de dedos e cos gomets.





Para rematar levamos un bonito colar para a casa cheo de CÍRCULOS!!!


Que divertido!!!


viernes, 2 de octubre de 2020

LISTAS DE MATERIAL

Aquí vos deixamos as listas de material.



Os martes haberá psicomotricidade, polo que os peques deberán traer chándal e tenis.

OS NOSOS PRIMEIROS TRABALLOS

 Durante estas semanas os máis pequenos do cole xa traballamos un montón. 

Esta é unha pequena mostra do que fixemos:


Coloreamos un sol enorme, xa que os primeiros días de cole nos acompañou o noso amigo sol.



Somos a clase dos mandilóns vermellos e así os pintamos coas acuarelas!



Todos os días ao cole traemos as nosas mochilas de cores...




Algunhas veces o sol escóndese detrás das nubes...



Tamén aprendemos que os papeis se tiran na papeleira. 
Aproveitamos para rasgar papeliños e pegalos.



Pintamos ceras da cor que máis nos gusta...


Noraboa polo traballo destes primeiros días de setembro!!!

👏👏👏👏


ANIVERSARIOS AGOSTO E SETEMBRO

Na aula de 3 anos, no mes de Agosto estivo de aniversario Camilo e no mes de Setembro cumpliu anos Carlos.

Así o celebramos!!!


                





Aínda que dunha maneira diferente, pasámolo xenial!

Parabéns  Camilo e Carlos!