lunes, 28 de junio de 2021

GRADUACIÓN!!!

 Os mandilóns laranxas remataron a Etapa de Infantil e están preparadísimos para marchar cara Primaria. 

O pasado 22 de Xuño festexamos a nosa Graduación de forma diferente pero non menos emotiva.

Comezamos a mañá axudando á profe coa decoración.


Logo na clase esperábanos unha gran sorpresa!!!

As nosas familias quixeron estar presentes nun día moi importante, e fixérono a través dun vídeo que a profe se encargou de amosarnos. Emocionámonos un montón!!!


E nós non íbamos ser menos, e quixemos adicarlle unha canción ás nosas familias, compañeiros e profes, para recordarlles a todos e a todas que os queremos un montón.

(Preme na foto para ver o vídeo)


E era a hora da nosa Graduación, entre nervios baixamos a festexala cos compañeiras das outras aulas, sempre tendo en conta as medidas Covid. 

Lemos un pequeno discurso e actuamos cunha canción moi festeira. Que felices estábamos!!!

( Preme nas fotos para ver o discurso e a actuación)



E xa era o momento, a profe otorgounos a nosa banda e gorro de Graduados. Que maiores!!!



Logo tocaba soltar os nervios, e que mellor forma de facelo que bailando. 

Todos e todas soltando enerxía!!!


E non podía faltar!!! Tiñamos que recuperar forzas cunha merendola que as profes prepararon con todo o cariño. Chuches, galletas, gusanitos....e todo individualizado para non contaxiarnos!!!






O día remataba, e só nos faltaba recordar o noso transcurso no cole do Campo da Feira ao longo destes 3 anos, cun video que a profe nos preparou.

(Preme na foto para ver o video)



Moita sorte na vosa nova aventura!!!


Feliz verán!!!



Voltamos en setembro cargadiños de enerxía!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario