viernes, 2 de octubre de 2020

OS NOSOS PRIMEIROS TRABALLOS

 Durante estas semanas os máis pequenos do cole xa traballamos un montón. 

Esta é unha pequena mostra do que fixemos:


Coloreamos un sol enorme, xa que os primeiros días de cole nos acompañou o noso amigo sol.



Somos a clase dos mandilóns vermellos e así os pintamos coas acuarelas!



Todos os días ao cole traemos as nosas mochilas de cores...




Algunhas veces o sol escóndese detrás das nubes...



Tamén aprendemos que os papeis se tiran na papeleira. 
Aproveitamos para rasgar papeliños e pegalos.



Pintamos ceras da cor que máis nos gusta...


Noraboa polo traballo destes primeiros días de setembro!!!

👏👏👏👏


No hay comentarios:

Publicar un comentario