jueves, 16 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

 Esta semana tocaba aprender cousas da nosa comunidade.
 Vivimos en Galicia, na provincia de Ourense e estamos na vila do Carballiño.
Galicia ten unha bandeira e tamén un himno.
 Celebramos o 17 de Maio a nosa festa, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e este ano tócalle ser homenaxeado a Antonio Fraguas Fraguas.
 Antonio Fraguas naceu en Cotobade e escribiu moitas historias.
 Así foi que tiñamos que lembrar unha morea de cousas, así que puxémonos mans á obra.
 Os nenos de 3 anos convidáronnos á súa clase para ler un conto moi especial dos Bolechas.


Despois era hora de elaborar un mural para o Equipo de Normalización Lingüística.
Os nenos de 3 anos pintaron a bandeira de Galicia e moreas de serpes dos contos de Antonio Fraguas.


Os de 4  pintaron o mapa de Galicia e ademáis quixeron demostrarnos que xa son maiores escribindo os textos.




 E os de 5 fixeron o retrato de Antonio Fraguas Fraguas.


O resultado foi o seguinte:


Tamén fixemos fichas nas aulas para conmemorar a Antonio Fraguas e os seus relatos.



Aprendemos a Cancion de Uxia Lambona e a Banda Molona: "Pousa"
Ensaios e actuación estelar!!!!




E por último coñecemos o himno de Galicia.

 

E que mellor que sair lucindo as nosas bandeiras coa música do noso himno de fondo.



FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!! 
Deica o Martes 21!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario