miércoles, 20 de junio de 2018

SORPRESA!!!

O curso escolar está a punto de rematar,
 e para eso celebrar, PABLO NOGUEIRA
nos veu visitar.

A nosa biblioteca está moi contenta porque a profe Natalia  trouxo o cole o seu amigo, o mestre Pablo, que nos presentou un libro fantástico que el escribiu.  
Como a protagonista do conto é unha nena india, NUBE BRANCA, fixemos coroas de indios para acompañala a coñecer os elementos do Sistema Solar e intentar viaxar polo Universo.






Pablo Nogueira explicounos que fixera ese libro coa intención de axudar a uns alumnos que tiña no seu cole que falaban mal.


A historia de NUBE BRANCA que QUERE SER ASTRONAUTA encantounos, e para que non se nos esquecera fixemos uns debuxiños do que máis nos gustou. 

 











Foi unha experiencia maravillosa e ademais gustounos saber que o escritor Pablo Nogueira cando era pequeno foi alumno do noso cole.
MOITÍSIMAS GRAZAS profe Natalia por facer posible a visita do mestre e escritor carballiñés PABLO NOGUEIRA o que lle damos moitos PARABÉNS polo seu traballo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario