martes, 4 de abril de 2017

CONCIENCIÁNDONOS PARA A RECICLAXE



Outro ano máis os nenos e as nenas do edificio Campo da Feira, estamos concienciándonos para a reciclaxe. Ata o de agora só reciclábamos papeis, xornais, cartóns..., contribuindo así a salvar a vida de moitas árbores, o cal quere dicir que axudamos a que o aire sexa fresco e puro. Asemade axudamos a que moitos animais manteñan as súas casas e os seus alimentos.






 



















Este curso temos unha novidade, en colaboración coa asociación ASDIFICA da comarca do Carballiño, estamos a recoller tapóns para axudar a nenos e nenas que os precisen.








Serán os membros da asociación os encargados da súa recollida.

Esto é todo o que podemos traer ó cole para colaborar con ASDIFICA.
 

 Ademais, creamos o noso propio contenedor amarelo, xa que co noso calendario de merendas temos moito que aportar.




 






E por último non podemos esquecer que as pilas tamén as debemos reciclar para non contaminar.


 
 

 

 Xa sabedes familias, tamén na casa podedes conseguir a nosa poción máxica:
REDUCE, RECICLA E REUTILIZA.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario