miércoles, 22 de marzo de 2017

22 MARZO: DÍA DA AUGA

Aproveitando que hoxe é o día da auga fixemos un experimento...
ENCANTOUNOS!

 Coñecemos e observamos os materias e ingredientes do experimento.

Primero observamos e probamos a auga doce, logo engadímoslle sal e volvémola probar.






 Despois de descubrir as diferenzas entre auga doce e salgada, traballamos a flotación utilizando eses dous tipos de auga con diversas cantidades de sal en tres recipientes, aos que lle añadimos  ovos.





Descubrimos que en función da cantidade de sal,
 o ovo flotaba máis ou menos.




Tamén aproveitamos para falar das propiedades da auga ( insípida, incolora e inolora) e experimentamos para comprobar que é incolora. Primeiro engadímoslle colorante amarelo, logo sumerximos un aguacate e todos poidemos ver o aguacate debaixo da auga da mesma cor que na superficie.





PASÁMOLO XENIAL!!!!



Para non esquecer este momento, debuxamos o que máis nos gustou do experimento.






Pola tarde seguimos falando da importancia que ten o coidado da auga , fixemos a ficha da raíña do día, "A GRAN GOTA".







No hay comentarios:

Publicar un comentario