domingo, 22 de mayo de 2016

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O xoves fomos de excursión á cidade de A Coruña. Saímos da Igrexa da Veracruz e, con moita ilusión, subimos ó autobús.




Aínda que no Carballiño chovía, ó chegar á Coruña facía bo tempo. Baixamos do autobús e repuxemos forzas antes de entrar no Domus cunhas galletiñas, mentres mirabamos a paisaxe e o mar.





Unha vez dentro puidemos coñecer moitas cousas relacionadas co ser humano. Puxemos a proba os nosos reflexos tocando luces e tentando parar goles, tocamos o piano e escoitamos que sons producía... Mesmo fixemos xirar unha pantalla.















Para entrar á seguinte planta atravesamos un corazón xigante que latexaba coma o noso. Era tan grande que coubemos todos dentro.




E chegamos á planta onde se nos falaba dos nosos ancestros: os homínidos e os habitantes das cavernas. 


Tentamos cazar bisontes como o facían eles, so que nós empregamos pelotas de espuma en vez de lanzas. E tamén puxemos a proba o noso tacto, tocando tecidos de diferentes texturas: coiro, algodón...











...E ata vimos un cranio dun homínido e tamén diferentes ferramentas e coitelos feitos con ósos de diferentes animais.


Observamos tamén como é o noso campo de visión e o dun cabalo. Decatámonos de que temos un campo de visión moi reducido, pois o cabalo pode ver non só de frente, senón tamén de lado.


 E, por último, na planta baixa deste museo vimos como é o oído por dentro, comprobamos que podemos saber por que oído escoitamos un son aínda que non vexamos, 













Había espellos nos que podiamos vernos diferentes: altos, baixos, grosos e delgados. Tamén nos puidemos pesar e medir e cunha cámara vimos aumentados os ollos, o nariz ou a boca.







Tamén puidemos ver un maniquí xigante. Que impresión! Ó seu lado eramos todos enaniños.

Á saída había dúas torres de libros que xiraban en espiral lembrándonos que estamos constituídos de ADN.
 



Cando saímos fomos buscar as mochilas, pois xa era hora de comer. Aproveitamos para ver o mar e a praia de Riazor.





 Sentamos e comemos. Mmmmm que boa estaba a comida!!!
 






E despois... visita ó Acuarium Finisterrae!!!



Que bonitos eran os peixes! Habíaos grandes e pequenos, de cores e prateados... Vimos mantas- raia, polbos, cabaliños de mar, rodaballos, ourizos de mar...













Non só había peixes. Tamén puidemos ver o arpón co que cazan as baleas. Era enorme!!!



Despois baixamos unhas escaleiras e estabamos... no submarino Nautilus!!!



...a través das súas ventás puidemos observar peixes que viven en zonas máis profundas do mar. O que máis nos gustou foi o tiburón toro, e ademais impresionounos cos seus dentes, tres filas nada máis nin nada menos...
 



Á saída do submarino fomos ver as focas, que aínda que non son peixes nadan moi ben. Aproveitamos para ver de cerca a Torre de Hércules, o faro máis antigo que aínda funciona.





Que bonitas e que ben nadan!!!
 







Só nos quedaba volver ó Carballiño.
Cantas cousas aprendemos!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario