miércoles, 11 de noviembre de 2015

PREPARAMOS A FESTA DO MAGOSTO

Esta semana estivemos facendo traballos relacionados co magosto. Na clase de tres anos pintaron as castañas e pegaron papeis de xornal no cucurucho.





Os de 4 anos fixeron a dona Castaña pintándolle a cara, recortando o vestido e completando con brazos e pernas.






E na clase de 5 anos decoraron unha castaña pegando papeis de charol.




Ademais de decorar os corchos das aulas, tamén estivemos facendo uns bolsos con forma de castaña moi orixinais para poder gardar as castañas do magosto. Cada aula utilizou unha técnica diferente para decorar a castaña. 
Os de 5 anos primeiro recortaron e despois pegaron cascas de castañas.


Os de 4 anos picaron papel charol marrón e amarelo.




E na clase de 3 anos pintaron con pintura de dedos.






Despois pegamos a castaña en cartóns de leite forrados con folios de cores e este foi o resultado:






 Que bonitiños quedaron!!! Xa está todo listo para celebrar a festa do magosto. Pero iso sería pola tarde...

No hay comentarios:

Publicar un comentario