martes, 27 de octubre de 2015

É OUTONO

Xa hai máis dun mes que empezou o outono e no cole estamos traballando esta estación. 
Os de 3 anos fixeron un cogomelo para adornar o corcho. Pintaron con cera o pé, con pintura de dedos a parte de arriba e remataron poñendo gomés amarelos.




Na clase de 4 anos picaron e pintaron follas con pintura de dedos para poñer no mural. Mesmo parecen de verdade!!! Tamén colorearon e puntearon con rotuladores un neno vestido con chuvasqueiro, prenda típica desta época.












Na aula de 5 anos probaron unha granada e coloreárona con rotuladores. Despois de recortala, este foi o resultado.







No hay comentarios:

Publicar un comentario