lunes, 9 de febrero de 2015

ACHÉGASE O ENTROIDO...PREPARAMOS O DISFRAZ

Estamos na semana do entroido, e estamos cos preparativos desta festa tan especial e divertida!
O primeiro que fixemos foi adornar os taboleiros das nosas aula con fichas súper coloridas...
En tres anos decoramos cun antifaz de bolboreta...






En catro anos, cunha careta de pirata...






 E os de cinco, unha careta de faraón...





Ademais, tendo en conta que aos nen@s lles gusta moito xogar coas mariquitas recortables...ocorreusenos que este ano podíamos partir desa idea para elaborar os disfraces de entroido do cole...











E puxémonos mans á obra...seleccionamos os materiais, fixemos os patróns,...






E comezamos a MARCAR, RECORTAR e PEGAR...




CAL SERÁ O RESULTADO???

SURPRISE!!!!!
Por agora temos unha morea de restos para reciclar, polo que a patrulla verde se vai dirixir ós contedores de papel e plástico...









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario