lunes, 11 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

Hoxe, día da festa do MAGOSTO, os nen@s veñen ao cole cun colar de castaña que fixeron na casa cos seus papás e mamás. Mirade algúns deles...que bonitiños!



...E que guapos estamos tod@s cos nosos cintos e cos nosos colares de castaña.




E, así de guap@s, celebramos o MAGOSTO...
Houbo distintas actividades: os nen@s de 3 anos fixeron unha carreira,os de 4 correron dando saltos cos pes xuntos e os de 5 correron á pata coxa... Canto nos rimos!
Despois os pais e nais dos nen@s de 3 anos xogaron a estoupar o globo, os de 4 anos ás sillas musicais e os de 5 anos fixeron unha carreira de sacos. 

Logo comemos a fartar: bolos preñados, lambetadas e un chocolatiño quente...

 QUE BEN O PASAMOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario