lunes, 17 de junio de 2013

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

Estamos a piques de rematar o curso, e chega a hora de decorar as portadas dos nosos traballos para levar á casa. Para levar a cabo esta actividade, traballamos a expresión plástica (picado, recortado, coloreado, pegado, moldeado de plastilina e utilización de purpurinas de cores), afianzando, deste xeito, tamén o dominio muscular e coordinación motriz fina.


Outra das actividades foi a preparación da NOSA FESTA, cos ensaios da escenificación do conto e das coreografías das distintas cancións.
Empezamos a ensaiar o conto quince días antes da celebración da festa, distribuindo os diferentes papeis entre os nenos e nenas de 5 anos, que son os que participan de forma activa por ser os maiores e os que rematan o segundo ciclo de educación infantil. 
Os de 3 e 4 participarán tamén, pero de forma pasiva.

Durante este tempo tamén nos dedicamos a pensar e elexir os disfraces correspondentes a cada persoaxe.

Despois de seleccionar as cancións que máis lles gustaban aos nenos e nenas, comezamos os ensaios, aprendendo as letras e as coreografías correspondentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario