Este trimestre tocounos investigar e coñecer cousas do ESPAZO:
Coñecemos elementos polo que está formado o noso SISTEMA SOLAR: planetas, estrelas, asteroides, cometas, lúa,...
Gustounos tanto, que, coa axuda das familias fixemos un móvil do Sistema Solar, e con todos eles decoramos a nosa aula.
Que lucidos quedaron!!!
Por un tempo convertémonos en astronautas para poder viaxar ao espazo en naves espaciais e descubrir lugares remotos.
Descubrimos que as estrelas pódense agrupar e forman constelacións de diferentes formas.
A que máis nos gustou foi a OSA MAIOR e entre varios nenos representámola.
Emocionámonos tanto co tema que ampliamos os coñecementos co libro de E.T. EL EXTRATERRESTRE.
Para non esquecer as cousas que íamos aprendendo fixemos o noso propio Sistema Solar.
E.T. contounos que o noso planeta " TERRA" móvese de dous xeitos ao arredor do Sol.
Entón xogamos a representar a situación.
Este movemento dura un ano e chámase TRANSLACIÓN.
E cando a TERRA xira sobre si mesma, como unha buxaina, dura un día e chámase ROTACIÓN.
Despois de tanto investigar e experimentar plasmamos no papel o que máis nos gustou.
Saíronnos uns debuxos expectaculares.
Como premio, polo magnífico traballo que fixemos, fomos de excursión a Vigo e visitamos un parque de ocio coa temática do espazo.
Alí, desafogamos toda a nosa adrenalina, experimentando e disfrutando as diferentes cousas que podemos atopar no espazo,dende escalar pola lúa ata chegar a disparar meteoritos,entre outras actividades.
Aquí, na nave nodriza-beleza pintámonos e convertímonos en elementos espaciais.
Canto disfrutamos e que ben o pasamos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario