Aproveitando que hoxe é o día da auga fixemos un experimento...
ENCANTOUNOS!
Coñecemos e observamos os materias e ingredientes do experimento.
Primero observamos e probamos a auga doce, logo engadímoslle sal e volvémola probar.
Despois de descubrir as diferenzas entre auga doce e salgada, traballamos a flotación utilizando eses dous tipos de auga con diversas cantidades de sal en tres recipientes, aos que lle añadimos ovos.
Descubrimos que en función da cantidade de sal,
o ovo flotaba máis ou menos.
Tamén aproveitamos para falar das propiedades da auga ( insípida, incolora e inolora) e experimentamos para comprobar que é incolora. Primeiro engadímoslle colorante amarelo, logo sumerximos un aguacate e todos poidemos ver o aguacate debaixo da auga da mesma cor que na superficie.
PASÁMOLO XENIAL!!!!
Para non esquecer este momento, debuxamos o que máis nos gustou do experimento.
Pola tarde seguimos falando da importancia que ten o coidado da auga , fixemos a ficha da raíña do día, "A GRAN GOTA".