sábado, 24 de diciembre de 2011

CELEBRANDO O NADAL



Que ben o pasamos o martes no colexio. Cantamos panxoliñas...
e fixemos unha pequena festa.




Despois de cantar, merendamos.









E... SORPRESA!

Quen chegou ó son da súa campá?






Quen ía ser?

PAPÁ NOEL!


Mirade que cargadiño viña.

Trouxonos moitos agasallos porque fomos moi bos.







Ohhhhhh!
Chegou a hora de marchar....
Que pena!


Os nenos e nenas do colexio do Campo da Feira, xunto coas súas profes, desexámosvos que pasedes unhas FELICES FESTAS e que o ano novo nos colme de cousas boas para todos.




BO NADAL!

jueves, 22 de diciembre de 2011

BOLAS, ESTRELAS, CAMPÁS...

Despois de ter decorado o cole e as aulas para o nadal, estes son algúns dos traballos que fixemos e que levamos para a casa.

Os nenos/as de 3 anos fixemos moitas cousiñas: pintamos con témpera unha bota do papá Noel e logo pegámoslle algodón.



Que bonita!


Tamén recortamos papeliños para logo pegalos nun cadrado...









Mirade o resultado.


Picamos duas boliñas,...



e logo, coa axuda da profe puxémoslle papel charol.
Como brilan!


Nunha estrela punteamos cun rotulador...




Os Reis Magos non se perderán.


Para elaborar a nosa postal de felicitación aos papás e mamás, picamos unha campá..., pegamos fotos..., demos bicos...



E para rematar, ensinarvos a nosa portada dos traballos.


Os nenos e nenas de 4 anos tamén traballaron moito. Mirade que Papá Noel pintaron,...


e que botas máis bonitiñas.


E non nos esquecemos de escribirlle a carta ós Reis Magos...



Recortamos, pegamos, pintamos,...




E..., aquí tendes o que resultou.
Os nosos reis de Oriente estarán moi ledos ao ver estas cartas tan coloridas e cumprirán todos os nosos desexos.


Para elaborar a nosa portada dos traballos do trimestre: picamos, pegamos papel charol, pintamos, ...




Cantas estrelas...
Que preciosas!


E, esta é a postal para felicitarlle as festa aos papis e mamis.
Esperamos que vos gusten. Están feitas con moito cariño.


Os nenos e nenas de 5 anos picamos, coloreamos e pegamos unhas bolas de nadal para a nosa postal de nadal. Despois botámoslles purpurina.


Que colorido! Que alegría!



E estas son as nosas portadas dos traballos, Cantas campás.


Ademais fixemos outras cousiñas, como un anxiño e un portal de belén.