Onte, día das letras galegas foi o aniversario de Claudia, e para celebralo con nós, hoxe trouxo ao colexio unhas nubes riquísimas que ademais tiñan forma de pitufiños.
Para conmemorar o día das letras galegas, este ano adicadas a Valentín Paz Andrade, despois de falar deste autor e ler algún dos seus poemas, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pintaron unha bandeira de Galicia.
Ademais, fixemos estas dúas actividades propostas polo Equipo de Normalización Lingüística.
Para rematar o día, levamos as nosas bandeiriñas para a casa.