Durante a semana fixemos diversas actividades para celebrar a festa das LETRAS na nosa comunidade, que este ano está adicado a MARÍA VICTORIA MORENO, a cal se namorou e defendeu a nosa lingua con todas as súas forzas.
Victoria Moreno, profesora amante da nosa lingua escribiu moitos libros e nos eleximos para traballar nas nosas aulas de infantil "O CATAVENTOS","UNHA FESTA NO FAIADO" e "BRÈTEMA".
Dende o Equipo de Normalización Linguística todo o centro fixo un mural da homenaxeada e no noso edificio reflexamos o conto "Brétema", e así traballamos cos nenos-as o respeto e o cariño hacia os maiores.
Ademais este curso tivemos a sorte de celebrar a festa das LETRAS GALEGAS coa visita de MAGÍN BLANCO ao auditorio da nosa vila, o cal fomos todos os nenos e nenas do cole.
Moi ledos e guapos preparámonos para ir a disfrutar da súa obra.
Que ledicia, xa na entrada nos recibía o fantástico Magín Blanco.
Nesta ocasión a actuación musical de Magín centrouse no seu libro "CAMIÑOS", a cal nos fixo voar moito coa nosa imaxinación....
O remate da función, adicounos o libro de" CAMIÑOS" para levar as nosas aulas e poder revivir estas emocións.
Todos ledos e distensionados polo ben que o pasamos, marchamos para o noso cole.
Seguidamente disfrutamos no noso cole cunha costume moi galega, coidar o noso horto, o que lle plantamos máis amorodos e lle quitamos as malas herbas:
Que fresquiños quedaron!!!
Tamén en colaboración co Equipo de Normalización todo o cole cantamos e bailamos a canción "ESTO BAILASE ASÍ" de Uxía Lambona e a banda molona.
Primeiramente fixemos ensaios na aula de música coa profe Paula:
E despois de tanto ensaio chegou o día e celebrar a festa das Letras:
Que ben o pasamos e canto aprendemos....
No hay comentarios:
Publicar un comentario