Despois de envolver e poñerlle un lazo á flor e á postal chegou o día de levalas para a casa e regalarllas á mamá.
PARABÉNS A TÓDALAS MAMÁS!!!
LEMBRADE: Vémonos de novo o martes día 5 de maio.
Dado que no cole estivemos observando e experimentando coas flores da primavera, pareceunos unha boa idea facerlle unha flor para as mamás.
Para iso partimos de debuxos de cadrados en folios de cores.
Observámolos e comezamos a picalos.
Cando xa os tivemos picados xogamos cos cadrados dobrándoos e converténdoos en triángulos e tamén xogamos co rectángulo sobrante.
Fixemos series, torres de diferente altura, formas, debuxos...
Despois de xogar, dobramos, pegamos e ... conseguimos ter unha flor multicolor.
Como lle faltaba o talo pintamos de verde uns paus de pinchos morunos.
Despois de pegar o talo e a flor só faltaba un detalle: o centro.
Na aula de 3 anos pegaron un pompón, na de 4 anos outro pompón diferente e na de 5 anos puxéronlle unha bola de plastilina.
Quedaron chulísimas, non si?
Ademais, tamén fixemos unha postal e un debuxo para as mamás.
Que bonitas nos quedaron!!!