O venres foi o día dos nosos nenos e nenas.
Vai por eles, o motor das nosas vidas!!!
O 11 de Novembro tocaba festexar o San Martiño. Aínda que foi diferente non deixamos de pasalo xenial.
Ao longo da semana traballamos sobre o magosto.
Despois de moito traballar chegou o día de troulear. Comemos bolos preñados, postres de magosto traidiños da nosa casa e...xa co bandullo cheo era hora de botar unhas carreiras, sempre sen esquecer aulas burbulla e moita desinfección.
3 anos:
4 anos:
5 anos:
Foi un día fantástico!!!
Os mandilóns laranxas están a traballar co número 7.
Estan a facelo xenial: contamos depresores, facemos sumas, escribimos na pizarra máxica ...
E todo isto sen esquecernos dese monstruo que está con nós, empregando máscara, lavando as mans e desinfectando ....
E xa que o facemos de 10 liberamos enerxia bailando antes de marchar para a casa !!!
https://drive.google.com/file/d/1nL-qyAew_jJBb4_YYKJkMIiHJslLjB9O/view?usp=sharing
NA AULA DE 3 ANOS:
NA AULA DE 5 ANOS:
A profe Marta fixo unhas máscaras de medo. Quedamos guapísimos!!!
Para rematar, o venres podiamos vir disfrazados ao cole.
E como non podía ser doutra maneira as nosas merendas do venres tamén daban medooooooo!!!
Que fermoso poder ver que a ilusión non se perde nin co Coronavirus!!!!
Como premio polo noso esforzo e dedicación nestes momentos tan difíciles as mestras agasalláronnos cunhas piruletas terroríficas!!!
FOI UN GRAN DÍA!!!
A semana pasada comezamos unha nova aventura na clase dos mandilóns laranxas.
O luns trouxemos ao cole unhas caixas fermosas que decoramos coa axuda das nosas familias.
Falamos dos nosos medos e de como deixar de telos.
O venres, cada un de nós debuxou un dos seus medos e despois contoullo a todos os nenos e nenas da clase.
Medo ás arañas, abellas, á escuridade....
Xa están todos atrapados nas nosas caixiñas e xa temos a solución para que desaparezan.
Seguiremos atrapando máis medos ao longo do curso!!!