Como todos os anos, chegado o mes de maio, toca facer a excursión de fin de curso e este ano desprazámonos á cidade olívica.
Todos ledos,o mércores 30 de maio, madrugamos para viaxar en autobús e disfrutar dun fantástico día.
Xa na cidade, visitamos un centro de ocio coa temática do espazo.
Antes de entrar en acción tomamos unhas galletiñas para ter moita enerxía e explorar o gran parque.
3-2-1 acción, comeza a exploración.
Despois de tanto exercicio fomos á praia de Samil para relaxarnos e disfrutar dun suculento xantar.
Xa de volta, quedamos rendidos.
E para non esquezer o experimentado, o día seguinte fixemos uns debuxos do que máis nos gustou.
Que ben o pasamos nesta viaxe!!!
Tres, dous, un, cero, preparámonos para a próxima...
No hay comentarios:
Publicar un comentario