lunes, 26 de febrero de 2018

GRACIAS POR SER ASÍ


Durante a semana do 19 ao 23 de febreiro, contamos e representamos o conto de TOPITO TERREMOTO, coa finalidade de relaxarnos e centrarnos, pois sabíamos que Alba estaba a piques de rematar o seu período de prácticas.




Os nenos/as propuxeron traer instrumentos de súa casa para mostrarlle a Alba a ledicia que tiñan coa 
súa presencia.

 Estes meses estivemos moi a gusto coa súa presencia compartindo todo tipo de actividades, experiencias, sorrisos, asombros e algunha bágoa que nos axudou a medrar un pouco máis e a ser máis felices.


 Houbo agasallos para todos...






E fixemos fotos de grupo para a despedida...







Querémoste moito Alba!!!!



Todo ten un principio e un fin e este é o teu principio Alba.
Que teñas moita sorte na viaxe que vas emprender
3,2,1,despegue....

lunes, 19 de febrero de 2018

CAMPAÑA SOLIDARIA

En colaboración coa asociación Bicos de Papel (unha asociación que presta a súa axuda a os nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo) pensamos en facer a seguinte acción para darlle visibilidade a esta enfermidade e sobre todo para facer unha mostra de apoio ós cativos/as e as súas familias.

O 15 de febreiro é o día internacional contra o cancro infantil e a proposta é facer un gran lazo de cor dourado.











Despois de facer esta pequena mostra, sacámoslle unha foto e mandámola para que forme parte dunha presentación en video que se proxectou o sábado 17 no centro cultural de San Miguel de Oia, onde se fixo un festival contra o cancro infantil.

domingo, 18 de febrero de 2018

DÍA GRANDE, ENTROIDO 2018





 O venres 9 de febreiro,día grande, preparámonos para estrear e despegar coa nosa "NAVE" no cole de maiores, onde nos reunimos e desfilamos cos nosos compañeiros-as de todos os cursos e tivemos como invitados de honra a todas as familias.













 
   Gracias a todos e todas, estivo todo fantástico!!!!